¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 600 598 - FAX: 963 694 151
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga e violinista. Os seus poemarios Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004; Galaxia, 2024), recollidos en Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) (Galaxia, 2023) convertérona nunha das voces máis importantes da literatura galega dos nosos tempos. No campo dramático, salientan: Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991), As certezas de Ofelia (1999) e Os doces anos da guerra (2011), que se presentan neste volume xunto coa peza inédita Os pasos contados. Como narradora publicou Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). En canto ao ensaio deu ao prelo O ?Don Hamlet? de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024) e O outro lado da música, a poesía (1999, reeditado por Editorial Galaxia en 2020).