Libros escritos por
Antonio Manuel Fraga Allegue

Antonio Manuel Fraga Allegue (Pontedeume, 1976) estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol. Dende o 2006 vive na Coruña, cidade na que traballou na refinaría de petróleo. Viviu despois en Alcañiz (Teruel) e no inverno de 2010 trasladouse a Romanía, onde participou na construción dun parque eólico. Tras o seu regreso da emigración, comezou a escribir. Gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 con "O Castañeiro de Abril". Dende entón publicou en Xerais "Tartarus" (2016), na colección Fóra de Xogo, e " Escaquis e Romeu " (2018) na colección Sopa de Libros.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.