¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 600 598 - FAX: 963 694 151
Antón Chékhov (1860-1904), médico de profesión e escritor de vocación, é un dos autores máis relevantes da literatura universal. Considerado un dos mestres da narración curta, malia deixar escritas menos dunha ducia de pezas, entre as que destacan as dúas publicadas por Galaxia na colección ESAD Galicia, O tío Vania e A gaivota. A súa traxectoria vai unida de forma indisoluble á peripecia do Teatro de Arte de Moscova, onde Konstantin Stanislavski desenvolveu un método de interpretación co que escenificar aquelas pezas que destacaban pola súa naturalidade pero tamén pola forte dimensión psicolóxica e sociolóxica.