Libros escritos por
Díaz Núñez, Celia

Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, desenvolveu a súa actividade docente como profesora de ensino secundario e universitario en Ourense. Deuse a coñecer como narradora en 2003, cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando ou o misterio do cuarto secreto (Galaxia, 2021). É autora de obras de teatro infantil, como Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004), Velaí vai o papaventos (2014); O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio o Facho de teatro infantil 2016) e Unha estrela para Amina (Premio o Facho de teatro infantil, 2019; Galaxia, 2020); e do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra. Quiroga e os seus escritores (1995) e de libros de texto para a aprendizaxe da lingua galega. En Editorial Galaxia tamén publicou a novela Unha verdade amarga (2017), os libros de relatos Corte e confección (2019) e As faces do diamante (2023), así como a novela para público xuvenil A boca do monte (2016).

Últimos libros visitados