¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 610 048 ext. 1005 - FAX: 963 694 151
Érica Esmorís (A Coruña, 1977) naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís «O poder de Amabel» (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro, e «Ulises e as cronoamigas» (2015). Coa novela «Nena e o mar» (Xerais 2015) gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil. No ano 2019 publica na colección Merlín «Quen salva un can» (Xerais 2019).