Libros escritos por
F. Santomé, Cecilia

Cecilia F. Santomé (San Simón, Vilalba, 1984). Licenciada en Filoloxía Francesa e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela, axiña atopou no terreo do marketing dixital unha vía para transformar a súa paixón polas linguas e a comunicación nun modo de vida. Como tradutora, localizadora e redactora, traballou en empresas de distintos sectores, especializándose na planificación e execución de estratexias de contidos para a Internet. Despois de vivir durante uns anos en París, Liverpool e Londres, en 2015 regresou a Galicia cun proxecto debaixo do brazo: fundar xunto con Cristina Fernández Coolt, unha revista de tendencias 100 % dixital e en galego. Hoxe extinta, colabora esporadicamente con outras publicacións. En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal polo seu relato " 34, Rue Saint Jacques " . Quérote. Eu tampouco é a súa primeira novela, unha historia engaiolante cun inconfundible pouso cosmopolita.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.