Libros escritos por
González Gómez, Xesús

Xesús González Gómez (A Rúa, 1950). Escritor, tradutor e crítico literario, reside en Barcelona desde 1966, onde traballou como produtor en Radio Nacional de España. Crítico literario en medios como A Nosa Terra, Grial, Luzes de Galiza e Expresso, publicou as novelas Ucronía (1988) e A lingua secreta (2002); os ensaios Álvaro Cunqueiro, traductor (Premio Literario Ánxel Fole 1990), Teatro e surrealismo (1999), Unha montaxe de 'Os vellos non deben de namorarse' en español (2001), A novela policial. Unha historia política (2002), Dicionario de surrealismo e surrealistas (2009); A revolución en marcha. Decretos e proclamas da Comuna de París (setembro 1870-maio 1871) (2021) e deu ao prelo traducións de Salvador Espriu, Louis Aragon, André Breton, Baudelaire, o conde de Lautrémont, Antonio Gramsci e Guillaume Apollinaire, entre moitas outras.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.