Libros escritos por
Jorge Emilio Bóveda Álvarez

Jorge Emilio Bóveda (Ourense, 1975), é escritor e mestre de inglés no ensino público. Logo de varias autoedicións entrou no mundo editorial galego coa novela " A vila das ánimas " (2010), á que seguiron " A habitación secreta " (2011), " O sol do pasado " (2012), " Asasinato no centro comercial " (2013), " A morte vén en chancletas " (2014), " O monstro de Ille " (2017) e " As sete mortes de Leopoldo Pardo " (Xerais, 2018). Ademais publicou dous ensaios: " A xanela escura " (2011) e " A xanela insólita " (2013). Tamén fai traballos gráficos para varios medios impresos baixo o seudónimo "Vault". Bóveda recoñécese influído polos chamados xéneros populares, tentando conxugalos coas súas numerosas influencias literarias e cunha ironía abafante que tende ao sarcasmo, dando como resultado unha literatura peculiar na que son recoñecibles a psicoloxía, a morte ou o retrato social de corte esperpéntico.

Últimos libros visitados