¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 600 598 - FAX: 963 694 151
Jorge Lamas Dono (Vigo, 1962) é xornalista na edición de Vigo de «La Voz de Galicia». Con anterioridade traballou nas emisoras do Grupo Voz. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Moderna. Hai máis de dez anos era responsable no xornal da sección «Eran otros tiempos», onde se repasaban algúns feitos do pasado na vida de Vigo dun xeito novelado. Na actualidade é membro do Instituto de Estudos Vigueses e publica semanalmente un post sobre historias de Vigo no seu blog «Del Berbés hacia arriba» (http://lamasdono.blogspot.com.es/). Coincidindo coa celebración do bicentenario da consecución do título de «cidade» para Vigo, participou na publicación «Vigo Bicentenaria. Da Reconquista aos retos do século XXI», na cal se recollen os principais fitos dos douscentos anos cidadáns. Dende hai cinco anos, publica artigos no «Glaucopis», boletín anual do Instituto de Estudos Vigueses. Foto da capa: «Mariñeiros portando o escudo de Vigo», obra de Camilo Nogueira situada no parque do Castro. Fotografía de Manuel G. Vicente.