Libros escritos por
Lema París, Ánxela

Ánxela Lema París (Muros, 1991) é graduada en galego e portugués pola Universidade da Coruña, onde tamén realizou estudos de mestrado en Literatura, cultura e diversidade, que lle ofreceron a posibilidade de cursar Teoria da literatura e literaturas lusófonas na Universidade do Minho (Braga). Foi lectora de español no Institut Universitaire de Technologie de Amiens (Francia) e de lingua, cultura e literatura galegas na Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3. Actualmente está a rematar unha tese de doutoramento na que analiza a influencia do sistema monógamo como limitador do xeito de lermos poesía erótica. En paralelo, traballa como bolseira no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no proxecto de elaboración dos Informes de Literatura. É membro da plataforma A Sega e feminista en constante proceso de aprendizaxe.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.