¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 600 598 - FAX: 963 694 151
Lionel Rexes (París, 1971) é diplomado en Maxisterio pola Universidad Autónoma de Madrid, autor do estudo paremiolóxico " Ditos e refráns do Valadouro " (Seminario de Estudos do Valadouro, 2013), impulsor da bitácora literaria " Vasoiras de xibarda " (www.blogoteca.com/vasoirasdexibarda) e organizador do encontro estival de escritores Ponte Literaria en 2015 e 2016. Como narrador obtivo os seguintes premios: " Abonda que lle chamen Porto " , Lonxa Literaria 2011; " Luzada " , Minicontos de Outono 2011; " A patria era unha aira " , Relatos de Verán-Redelibros.es, 2012; " A hucha das mazás " , accésit do Lonxa literaria 2015; " Monsieur Bocskai " , acccésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2015; e " A mortalla do demo " , segundo premio do Certame Literario Concello de Ames. " A raíña das velutinas " , premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey 2016, é o seu primeiro título en Xerais Narrativa.