¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 610 048 ext. 1005 - FAX: 963 694 151
Manuel Bragado (Vigo, 1959) é editor, mestre e activista cultural. Licenciado en Pedagoxía, traballou en Edicións Xerais de Galicia, empresa da que foi director (1994-2018). Na actualidade é orientador nos CEIP Laredo e CEIP Cedeira de Redondela. É presidente da Fundación Luzes, secretario da asociación Premios da Crítica de Galicia, membro do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia e do Instituto de Estudios Vigueses. Colaborador de Faro de Vigo, mantén dende hai dúas décadas os espazos de opinión «Campo de Granada» e «Campo do Fragoso», polos que recibiu os premios de xornalismo Gómez Román (2000) e Fernández del Riego (2014). Desde 2005 publica o blog Brétemas, polo que recibiu os premios AELG, Fervenzas Literarias e Gala do Libro Galego á traxectoria dun proxecto literario na rede (2019). Autor de varias publicacións de carácter pedagóxico e de diversos estudos sobre o estado da edición e da lectura, publicou o libro para primeiros lectores Dona Carme (1989). Vigo, puro milagre (2019) é o seu primeiro título no catálogo literario de Xerais. Foto do autor © Manuel Álvarez