¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 610 048 ext. 1005 - FAX: 963 694 151
Xurxo Martínez González (Coia-Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no Rexurdimento, no provincialismo e na cultura galega do século XIX, con distintas publicacións e artigos. É autor dos libros " Fuco Gómez " (AGER, 2007) e " Luís Soto. A xeira pola unidade galega " (Xerais, 2011), así como de varios traballos sobre Ramón Villar Ponte. En colaboración con Emilio Xosé Ínsua escribiu " Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte " (Xerais 2018). Colabora acotío coa prensa ( " Praza Pública " ou " Faro de Vigo " ) e recibiu varios premios literarios de poesía e relato. Traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela.