Libros escritos por
Miguel Ángel Alonso Diz

Miguel Ángel Alonso Diz (Madrid, 1976). Licenciado en Economía, compatibiliza o exercicio da docencia coa súa actividade literaria e con diversas colaboracións en Radio Allariz e en varios blogs. Ten participado en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal, así como na meirande parte dos festivais de poesía que se organizan en Galicia. É membro de A Porta Verde do Sétimo Andar, un dos impulsores dos Cadernos Q de Vián e colaborador en diversas publicacións. Tamén participou na organización e presentación do Poetry Slam Vigo. Destaca o seu labor como contacontos así como as súas colaboracións cos servizos de dinamización lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita. No ano 2012 deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso coa obra " O cullarapo Croque " . Outros títulos seus son " A nena á que non deixaban ser feliz " ; " O soño de Esther " ; " O valente coello que quixo soñar " e " Mel, unha mosca agradecida " . En 2017 obtivo o Premio Paraugas do Clúster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano xunto a Xosé Tomás. " Música no faiado " (2018) é súa primeira obra en Xerais.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.