Libros escritos por
Portas, Manuel

Manuel Portas (Barcelona, 1960) estreouse como narrador con Denso recendo a salgado (2010). Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), traducida para o italiano como Un dito macchiato d?inchiostro (2020), Faneca Brava (2013), Amor en alpargatas (2015), Lourenço, xograr (Premio García Barros, 2015), Por puntos (Premio Blanco Amor, 2019), Cadencias (2020) e Unha cervexa Chang (2022). Foi profesor de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Santiago, e colaborou en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas. Tamén se coñece polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta o seu traballo Língua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia da sociolingüística galega. Colaborador de prensa e radio, a súa dedicación á res pública levouno a participar na vida política e a formar parte do goberno municipal de Compostela durante dous mandatos.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.