¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 610 048 ext. 1005 - FAX: 963 694 151
Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña. Publicou os seguintes libros: " nós escoitando o badalo de marienplatz " (2010), XII Premio de Poesía Concello de Carral; " rúa da cancela " (2009), IV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas; " María " (2013), I Premio de Poesía Figurante; " Anamnese " (2014), II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey; " Diario de fotogramas " (2014), Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes, Concello de Ribeira; " Remexido de patacas " (2014), XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo; " Doe tanto a túa ausencia " (2015), XVIII Certame Francisco Añón de Poesía, Concello de Outes; " Bicha " (2015), XIIº Premio Pura e Dora Vázquez de Narración, Deputación de Ourense; " Marta e a píntega " (2016), conto infantil; " Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno " (2016); " Luns " (Xerais, 2017), novela, I Premio Torrente Ballester para obras en galego da Deputación da Coruña, 2016; " Café intenso " (2017), I Premio de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón e " Culpable " (Xerais, 2017), IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Colabora na revista dixital de crítica literaria feminista " A Sega " .