Libros escritos por
Marga Tojo

Marga Tojo (Santiago de Compostela) é escritora e xornalista. Debutou na poesía con " Últimos bruídos " (Positivas, 2016). É Premio internacional de poesía para nenos e nenas Ciudad de Orihuela 2017 por " Cara de velocidad " (Kalandraka, 2018). Colaborou con " eldiario.es " , " Revista Luzes " , " Praza.gal " , " Revista do Audiovisual Galego " ou " Galizaanocero TV " . Cofundou o proxecto xornalístico " Dioivo " . Traballou na área de políticas sociais do xornal " Galicia Hoxe " até o día do seu peche. Na actualidade vive en Madrid e figura como membro do consello editorial de Altermundo. É especialista en dirección de comunicación. " Maternidade fóra de catálogo " (Xerais, 2018) é o seu primeiro libro de ensaio.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.