¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 600 598 - FAX: 963 694 151
Carme Varela (Duomes, A Baña, 1970) Licenciada en Filoloxía galega, completou a súa formación cun mestrado en xestión cultural na Universidade de Barcelona no ano 2000. A súa conexión co teatro comezou na época de estudante, no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns. Rematada a carreira, compaxinou traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Tamén traballou na empresa de servizos teatrais RTA. Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e, dende o ano 2007, a súa vida laboral está ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia, onde participou en proxectos de publicidade ou na produción de películas documentais como A Palabra Xusta, dirixida por Miguel Piñeiro. "As desterradas" é o seu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel, da que é secretaria, e que axudou a fundar en 2010.