Libros escritos por
Carmen Villar Alonso

Carmen Villar Alonso naceu en Zürich no berce da emigración. Estudou Xornalismo, Xestión Cultural e Fotografía Artística. É redactora en «Faro de Vigo», onde tamén asina a columna de opinión «Que din as rumorosas?». Como debuxante, participou en «Entrecruzar», do Proxecto-Edición do CGAC. Desenvolve un proxecto fotopoético en redes sociais como Carmen de Milmanda. Escribe teatro, contos e poesía en fanzines e revistas como «Dorna» e «Palavra Comum», así como nos volumes colectivos «Liñas compartidas» (2019) e «Contármonos» (2023). O poemario «Os mil e un días» (Xerais, 2023) é a súa primeira obra individual. (Fotografía da autora: Eduardo Navarro)

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.