¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
PARTICULARES: 963 392 051 - FAX: 963 615 480 / LIBRERÍAS: 963 610 048 ext. 1005 - FAX: 963 694 151
En papel: Entrega en 5-7 días |
|
|
El artículo no está disponible en esta web pero puede encontrarlo en nuestra Librería Ir a la librería | ||
Consultar disponibilidad en tiendas
Consultar disponibilidad en tiendasLos plazos estimados son para pedidos realizados antes de las 14:00h del viernes (salvo error o situaciones especiales: festivos, inventarios,etc).
|
Era o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena. A escola, as cartas e as fotos que chegan polo océano son as únicas alegrías que ela lle permite nos anos da nenez compartida. Só o avó paterno é quen de demostrarlle cariño, pois a madriña, afastada da familia, interpreta o mundo como un val de bágoas, sen saber atopar ningún pracer na vida. Ao regreso dos pais de Venezuela, a vida familiar da nena e dos dous irmáns énchese de gozo pero tamén de desacougos. Só as festas en agosto na aldea mudan o mundo: o bo sempre abonda e o malo semella escaso. Pasados uns anos, é na cidade de acollida onde comeza o futuro da pequena xa adolescente. Aí vive descubertas marabillosas e outras desacougantes que a empurran a medrar á présa. Estaba escrito nas estrelas ??ou só no corazón?? que o azar fixese ben o seu traballo: foi o amor o que, agochado tanto tempo, lle recuperou a nenez, sen rancor.