Caídas. achegamento ao patronato de protección a la mujer en galicia

Caídas. achegamento ao patronato de protección a la mujer en galicia
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
12,00 € 11,40 € (Descuento -5.0%)
El artículo no está disponible en esta web pero puede encontrarlo en nuestra Librería Ir a la librería
Consultar disponibilidad en tiendas


Como sinala o título, caídas  (vi premio xohana torres, modalidade de ensaio) é un achegamento ao funcionamento en galicia do patronato de protección a la mujer, a institución franquista que entre 1941 e 1985 internou en institucións relixiosas a miles de mozas por térense afastado do modelo único de nai e esposa imposto pola ditadura, ademais de someter a un estrito control moral toda a poboación. malia ser unha das expresións máis crueis e lonxevas da ditadura, o patronato segue sendo un gran descoñecido ou, o que é aínda máis grave, mantendo a pátina de institución benéfica na que abnegadas monxas coidaban rapazas que se afastaran do bo camiño. a realidade é ben distinta e amosa un calvario de explotación laboral e vexacións amparado pola igrexa e as familias adeptas ao réxime, que deixou nas internas graves secuelas psicolóxicas. este traballo é unha homenaxe a todas esas mozas: ás sobreviventes e as que acabaron botándose por unha fiestra para fuxir da institución e das lembranzas que aínda hoxe perseguen a quen padeceu a barbarie do patronato.

Introducir comentario
Últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar