O avó de Zulaimar

O avó de Zulaimar
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
14,90 € 14,15 € (Descuento -5.0%)
El artículo no está disponible en esta web pero puede encontrarlo en nuestra Librería Ir a la librería
Consultar disponibilidad en tiendas


Zulaimar non tiña avó. Pero todas as amigas tiñan un. O de María era alto como unha palmeira. O de Lucía, redondo como unha O. O de Susana, cos ollos escuros coma o café. Polas tardes ían con eles ao parque. Tomaban xeados. Facían debuxos na area. Zulaimar non logrou que ningunha das súas amigas lle prestase o seu avó. Entón, dando un novo uso aos obxectos que tiña o seu arredor, decidiu construír un. O seu invento non funcionou á primeira mais, ao final, foi quen de facer realidade o seu soño. Non todas as crianzas poden gozar da presenza dun avó preto co que compartir xogos, apertas, experiencias... Iso é o que lle aconteceu a Zulaimar mais, lonxe de amedrentarse, a pequena desta historia bota man do seu enxeño e transforma a ausencia en terreo fértil de onde xorden a creación e a dozura. O escritor Juan Carlos Méndez Guédez mergúllanos nunha emocionante e doce historia que nos fai lembrar a importancia da capacidade creativa que permite xerar ideas novas, experimentar e buscar alternativas ante situacións desfavorables. E ao non ter a marabillosa figura dun avó comprende que diante da soidade sempre lle quedará a forza da imaxinación e o soño. A ilustradora alemá Elsa Klever recolle esta idea de carencia apuntada polo autor. Non en van vemos na cuberta unha cadeira baleira; mais, enseguida introdúcenos nunha colorida proposta plástica onde unha chea de personaxes permítennos seguir as peripecias da pequena protagonista, que nos transmite o seu optimismo: ??quería que se puidera seguir a historia de Zulaimar e, ao tempo, descubrir novos detalles en cada páxina.??

Introducir comentario
Últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar