Peixes do mar de Galicia III
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
No disponible


Con Peixes do mar de Galicia (III), péchase a serie de tres volumes que Xerais adicou a un importante ámbito do coñecemento da cultura do mar de Galicia: os peixes, coas súas xeneralidades e clasificación. Este terceiro volume, como o anterior, afonda na identificación, coñecemento e estudio dos peixes óseos (continuación), parte da que son autores, coma dos volumes anteriores, dous biólogos de experimentada e recoñecida traxectoria: Xavier Vázquez e X. L. Rodríguez Villanueva; pero tamén trata este terceiro volume dos peixes de río, nun trabaIlo realizado por Henrique ??lvarez Escudero. Esta serie de libros ofrécenos, sempre coas raíces no seu profundo amor ó mar, unha visión ordenada e clarificadora dos enigmáticos e indispensables habitantes das nosas augas, con excelentes ilustracións, magníficos debuxos e unha lectura útil, doada e práctica.

Introducir comentario
Últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar