Libros escritos por
Arcadio López-Casanova

Arcadio López Casanova (Lugo, 1942), poeta e ensaísta, cursou entre 1959 e 1964 a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, entrando en relación cos mestres do galeguismo e cos escritores da chamada Xeración das Festas Minervais. Colaborou asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia , e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Xa de volta á súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha memorable homenaxe a Luís Pimentel. Asiste á tertulia luguesa de Celestino Fdez. de la Vega , colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección "Ronsel" de poesía. Comeza, así mesmo, a impartir docencia no Colexio Fingoy, baixo a dirección do profesor Carballo Calero, e pasa logo ó lNEM, onde coincide cos catedráticos Alonso Montero e Amable Veiga. En 1967 publica Palabra de honor, libro tamén retirado por orde gobernativa. No 1968 obtén unha cátedra de Lingua e Literatura Españolas, solicitando a praza do Instituto "Benlliure" de Valencia. Xa instalado na cidade levantina, desenvolve co seu colega e amigo, o profesor Eduardo Alonso, unha ampla tarefa de dirección editorial e de publicacións sobre temas de historia, teoría e crítica literarias, con obras como Lenguaje, expresión literaria y lingüística del español (1970), Lengua española. La expresión literaria (1974), El análisis estilistico (1975) e Poesía y novela (1982). No eido creativo inicia o ciclo dos Mesteres, que adianta en varios Pliegos a amigos, publica a antoloxía Memoria dunha edá (1976) e a edición bilingüe, e primeira, de Mesteres (1976, Xerais 2000). No 1978 obtén o Premio "Adonais" con La oscura potestad (1979), e defende a súa Tese de doutoramento sobre Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea. Logo publicará Liturxia do corpo (1983), poemario ao que se lle concede o Premio da Crítica-Galicia á creación literaria. Catro anos despois (1986), obtén por oposición praza de Profesor Titular da Universitat de València, proseguindo o seu labor de investigación con estudios como Estructuras correlativas y función estilística (1989), Lenguaje de la poesía y figuras gramaticales (1990), La poesía romántica (1991), Miguel Hernández, pasión y elegía (1993) e El texto poético .Teoría y metodología (1994). En relación coa literatura galega, edita a Antología poética de Rosalía de Castro (1985, 2ª ed., ampliada en 1995), Luís Pimentel e "Sombra do aire na herba" (1990), Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética (1994), e o Diccionario metodolóxico de análise literaria. I. A Poesía (2001), así como estudios sobre Ramón Cabanillas (1976), Luís Seoane (1994), E. Blanco Amor (1993), Curros Enríquez (2001) e sobre "Fin de século e modernidade literaria" (1997) ou o "Modernismo en Galicia" (1999). A Real Academia Galega concédelle o Premio "Menéndez Pidal" de investigación por un traballo sobre a obra de E. Pondal. No eido da creación poética, da última década son os seus libros Razón de iniquidad (1991, Premio Internacional "Ciudad de Melilla"), Noite do degaro (1994) e Asedio de sombra (1997, Premio "Tiflos").

9788417069353
Guía Metodológica del Texto Literario
Arcadio López-Casanova
Editorial Tirant Lo Blanch · 01/09/2017 · Rústica
En stock, entrega en 24-48h
Precio:
19,00 € 18,05 € (Descuento -5.0%)
Libro electrónico*:
Disponible en versión pdf drm Disponible en versión epub Disponible lectura nube
12,00 €
9788484569947
Macrotexto poético y estructuras de sentido
Arcadio López-Casanova
Editorial Tirant Lo Blanch · 01/12/2007 · Rústica
Entrega en 5-7 días
Precio:
29,90 € 28,40 € (Descuento -5.0%)
Libro electrónico*:
Disponible en versión pdf drm Disponible lectura nube
17,00 €