Libros escritos por
Martínez Vilanova, Fernando

Fernando Martínez Vilanova (Vilarchán, Ponte Caldelas, 1949) cursou estudios de Belas Artes en Barcelona. Entre 1989-92 realizou os cursos de Doutoramento en Salamanca e leu a súa Tese Doutoral no Departamento de Historia de Arte-Belas Artes da Universidade de Vigo. Actualmente é catedrático de Debuxo no Instituto de Bacharelato A Xunqueira II de Pontevedra. Crítico de arte, ten colaborado en xornais, revistas especializadas e catálogos con traballos como "As fontes artísticas de Castealo"; "Meu Pontevedra" (1986); "Luís Seoane, a arte como significado" (1994); "Arquitectura, escultura, pintura, 25 anos de creatividade" (1988); "Unha aportación peculiar ao urbanismo tradicional, San Sebastián de Covelo" (1992); "O escultor Uxío Souto" (1993); "Camilo Nogueira, escultor" (1996). Creador plástico, como pintor ten realizado diversas exposicións individuais e colectivas e as súas obras figuran en distintas coleccións privadas e institucionais.

Últimos libros visitados
No ha consultado ningún producto en la sesión actual. Si desea consultar su historial de libros visitados, acceda a su cuenta pinchando aquí.