O son en que cada lingua se solta

O son en que cada lingua se solta
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
10,00 € 9,50 € (Descuento -5.0%)
El artículo no está disponible en esta web pero puede encontrarlo en nuestra Librería Ir a la librería
Consultar disponibilidad en tiendas


A tradución cara ao galego forma parte da historia da nosa literatura. ao entrar en diálogo coa creación propia, os textos traducidos achegan novas formas estéticas, criterios, temas e valores que configuran o polisistema nacional. coñecer que obras se traducen ou indagar nas que non se traducen ou quen leva a cabo a mediación permite analizar o campo literario dende unha perspectiva sincrónica e diacrónica. luísa villalta, autora celebrada no día das letras galegas 2024, contribuíu a incorporar ao canon galego obras dramáticas fundamentais na historia da literatura teatral italiana como son o manifesto por un novo teatro, de pier paolo pasolini (cadernos da escola dramática galega, a coruña, 1994) e a mandrágora, de niccolo macchiavelli (laiovento, santiago de compostela, 1998), esta última en colaboración con francisco pillado mayor. esta escolla, que conforma a primeira parte do volume, responde a un gusto persoal, tal e como se expresa nas reflexións e nas notas que xustifican as decisións adoptadas. incluímos tamén aquí as versións en castelán dalgúns poemas de manuel maría, x. l. méndez ferrín, uxío novoneyra ou pura vázquez, que a villalta tradutora procurou con vagar para dar a coñecer a produción literaria destas autorías no marco ibérico. nunha segunda parte da monografía, e froito da convocatoria de traducións lanzada pola revista viceversa, revista galega de tradución, ofrecemos unha serie de textos de villalta, en verso ou en prosa, traslados a varias linguas (alemán, castelán, francés, inglés, italiano e polaco), sempre acompañados da versión orixinal que mantemos na grafía da escritora. as propostas de tradución conteñen algúns peritextos (notas e comentarios) que achegan luz sobre os retos que supón versionar para outros espazos e linguas á autora da cidade alta.

Introducir comentario
Últimos libros visitados
Libros escritos por